Atalaia

Misha Bies Golas. GROSSO MODO (Hai que estar tranquilos). 2013
> Misha Bies Golas. GROSSO MODO (Hai que estar tranquilos)
Datas: 10/05/2013 - 10/05/2013

Descrición

 

Dentro da programación da FAC Express, FAC Peregrina amosa GROSSO MODO (Hai que estar tranquilos), unha intervención de Misha Bies Golas coa colaboración musical de DIADERMIN, LOS TELEVISORES e MELÓMANO CARACAS. Misha Bies Golas presenta, nun dos seus múltiples formatos, a publicación GROSSO MODO, un panfleto que versa sobre a xuventude rebelde, o problema das drogas e a crise de valores. Este traballo pódese entender como continuación de A modo de conclusión, outra publicación na que se trataba o tema da crise de fe e outras cuestións relacionadas coa relixión.

Fonte: FAC Peregrina