Warning (2): include(adodb/home.inc) [http://php.net/function.include]: failed to open stream: Non hai tal ficheiro ou directorio [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]
Warning (2): include() [http://php.net/function.include]: Failed opening 'adodb/home.inc' for inclusion (include_path='/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp:/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/:.:/usr/share/pear:/usr/share/php') [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]

Atalaia

Almudena Fernández Fariña. Guárdate de ese mal genio, 2000-2016. Foto: cortesía MARCO Vigo/Enrique Touriño
> Mulleres do silencio. De Maruja Mallo a Ángela de la Cruz
Datas: 14/10/2016 - 16/04/2018

Comisariado

Rosario Sarmiento

Descrición

Mulleres do silencio. De Maruja Mallo a Ángela de la Cruz presenta unha revisión ou relectura actualizada da exposición A arte inexistente [Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela, 1995) que reunía obras de artistas mulleres en Galicia no século XX.

O binomio existencia/inexistencia formulábase en relación coa posibilidade de acceso a unha formación académica como vía de profesionalización, con Maruja Mallo e Julia Minguillón como as primeiras artistas en iniciar este camiño. Vinte anos máis tarde, cando a posibilidade dunha formación profesional representa un feito indiscutible, a realidade segue a ser complexa, e esta evolución non ten descorrido en paralelo coa presenza e visibilidade das mulleres no entretecido artístico. Dende a perspectiva do tempo transcorrido, situámonos no espazo histórico-temporal das primeiras décadas do século XXI, o que permite visualizar relatos, protagonismos e visións máis amplas sobre as achegas e o papel dalgunhas artistas na historia da creación plástica da Galicia contemporánea. A exposición percorre diferentes xeracións de artistas ata chegar a aquelas creadoras que acceden por primeira vez en Galicia a unha formación académica, tras a creación da Facultade de Belas Artes de Pontevedra en 1990.

Artistas: Mónica Alonso, Berta Cáccamo, Elena Colmeiro, Mª Carmen Corredoyra y Ruiz de Baro, Mª Antonia Dans, Ángela de la Cruz, Mª Victoria de la Fuente, María Xosé Díaz, Dolores Díaz Baliño, Almudena Fernández Fariña, Mª Elena Fernández-Gago, Menchu Lamas, Maruja Mallo, Fina Mantiñán, Tatiana Medal, Julia Minguillón, Rosalía Pazo Maside, Soledad Penalta, Pamen Pereira, Beatriz Rey, Mercedes Ruibal.

Fonte: MARCO

Entrevista de Rosario Sarmiento, comisaria da mostra. Diario Cultural [Radio Galega]