Atalaia

Ángel Garraza, Cosas y causas, 2008. Arxila chamotada, 50 x 38 x 19 cm, cada peza
> Ángel Garraza. Cousas e causas
Datas: 04/06/2011 - 08/09/2011

Artistas

Ángel Garraza

Descrición

O tempo é o elemento decisivo na obra de Ángel Garraza (Allo, Navarra, 1950). Non é o tema, senón a materia prima das pezas que esculpe coa mesma serenidade coa que o paso dos anos modélanos e defínenos. Poderosa analoxía: esculpir para seren esculpido. Non hai disciplina artística máis ligada á forma que a escultórica. Forma, como atributo da materia, mais tamén, con Gombrowicz, como propiedade relacional; como aquelo que nos identifica e distingue, como recordo, sentimento e conciencia. En Cousas e causas Garraza explora, unha vez máis, ese territorio que trascende a materia a través da súa propia continxencia; a dúctil pegada do humano no natural; a nosa fráxil identidade e o noso vano afán por concretar o que non pode ser senón eternamente cambiante.

Fonte: Factoría Compostela