Atalaia

Fernando Lafuente. Librería, 2011. Acrílico sobre contrachapado e remaches
> Novos Valores 2011. Deputación de Pontevedra
Datas: 28/07/2011 - 18/09/2011

Descrición

Un ano máis o Museo de Pontevedra acolle a exposición que mostra as obras seleccionadas no certame Novos Valores da Deputación Provincial. Ata o 18 de setembro, no chamado Sexto Edificio, amósanse corenta das 253 pezas presentadas ao certame, entre as que, naturalmente, se atopan as que obtiveron as bolsas correspondentes. Este ano o xurado estivo presidido por José Juan Durán Hermida, vicepresidente e presidente da Comisión Informativa de Cultura, e actuaron como vocais, José Carlos Valle Pérez, director do Museo de Pontevedra; Carlos Rosón Gasalla, presidente da Fundación RAC; Carlos García Suárez Otero, presidente da Fundación Laxeiro; Antón Sobral Iglesias, artista; Ramón Rozas Domínguez, crítico de arte; Mercedes Costas Fernández, funcionaria en representación do Servicio de Cultura da Deputación; e actuou como secretario Antonio Santos Guerra, xefe do Servizo de Cultura. Nesta edición 2011, os artistas galardonados coas bolsas de 6.000 euros cada unha son os seguintes:

Hugo Aldatz Alonso (Vigo, 1984). Empty pools. Madeira e resina.

Lula Goce (Baiona, 1976). Topografías. Papiroflexias con papel Guarro e malla de arame.

Marta González Fortes (Pontevedra, 1980). Sen título. Acrílico sobre madeira.

Fernando Lafuente Lestón (Poio, Pontevedra, 1956). Librería. Acrílico sobre contrachapado e remaches.

Antonio Lorenzo Guisado (Mondariz Balneario, Pontevedra, 1967). Karnaq. Óleo sobre lenzo.

Verónica Vicente Álvarez (Tomiño, Pontevedra, 1988). Frontière à ne pas franchir? I. Fotografías dixitais.

Fonte: Museo de Pontevedra