Nova convocatoria do certame de Novos Valores de Artes Plásticas convocado pola Deputación de Pontevedra.
Exhíbense trinta e oito obras seleccionadas polo xurado de entre as cento seis que se presentaron ás diversas disciplinas nas que está organizado e dividido: pintura, escultura, debuxo, fotografía, gravado ou vídeo.
O xurado, presidido por Ana Isabel Vázquez Reboredo, presidenta executiva do Museo e presidenta da Comisión de Cultura da Deputación, estivo integrado por Carlos Rosón Gasalla -presidente da Fundación RAC-, Carlos García Suárez Otero -presidente da Fundación Laxeiro-, Antón Castro Fernández -crítico de arte-, Antón Pulido Novoa –artista-, e Mercedes Costas Fernández -funcionaria, en representación do Servizo de Cultura-, actuando como secretario Antonio Santos Guerra -xefe do Servizo de Cultura.
Os artistas galardoados foron os seguintes:
1º premio (4.000 euros): David Fidalgo Omil, polo seu vídeo titulado Animación x animación. Vídeo elaborado coa técnica de stop-motion.
2º premio (3.000 euros): Antía Cea García, pola súa obra Memoria de un depósito. Unha combinación de escultura, fotografía e obra gráfica, con transferencia de imaxes sobre cartón.
3º premio (2.000 euros): Marta Bran (Marta López López), pola súa serie de debuxos Surrounded. Técnica mixta.
LINK: Catálogo Novos Valores 2012
Fonte: Museo de Pontevedra