Warning (2): include(adodb/home.inc) [http://php.net/function.include]: failed to open stream: Non hai tal ficheiro ou directorio [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]
Warning (2): include() [http://php.net/function.include]: Failed opening 'adodb/home.inc' for inclusion (include_path='/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp:/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/:.:/usr/share/pear:/usr/share/php') [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]

Atalaia

Cartel da exposición Nowhere – Propostas fóra de lugar
> Nowhere. Propostas fóra de lugar
Datas: 09/08/2013 - 08/09/2013

Comisariado

David Barro

Descrición

NOWHERE - Propostas fóra de lugar de Fluzo é unha mostra organizada polo Concello de Vigo que xira arredor da vida contemporánea. O título da mostra e o uso da "w" sitúanos nunha situación ambigua. Poderiamos entendelo como negación -Aquí non (Non Here)-, tamén como afirmación -Agora aquí (Now Here)-, aínda que en realidade nos sitúa nun terreo de ninguén, nun non lugar (Nowhere). Os seus protagonistas son creadores que procuraron o seu propio lugar, algúns deles permanecendo alleos ao ámbito institucional e outros introducíndose nel para cuestionalo, para abrilo á rúa.

Jesús Madriñán, Fluzo, Suso Fandiño, Pelucas, Beatriz Lobo, Armando G. e Nacho Alonso son creadores que reúnen información para destilala e transformala, transgredíndoa e devolvéndoa cargadas de novos significados, pero sobre todo capaces de cuestionar o ritmo institucional para calibrar o pulso da vida. As súas obras, lugares híbridos, puntos de encontro entre distintas xeografías, entre diferentes marxes.

Fonte: Concello de Vigo

Catálogo da exposición