Atalaia

Núria Güell. Aplicación Legal Desplazada #1: Reserva Fraccionaria. Vistas da mostra na Sala X, Facult. BB.AA, Pontevedra. Debuxo do plan mestre sobre parede negra, videoproxección das conferencias do encontro pedagóxico e publicación.
> Núria Güell. Aplicación Legal Desplazada #1: Reserva Fraccionaria
Datas: 21/06/2012 - 14/09/2012

Artistas

Núria Güell

Descrición

Este proxecto aplica unha lei da política monetaria a un proxecto artístico creando, así, unha aplicación legal desprazada. Neste caso, Núria Güell (1981, Barcelona), traballa coa Reserva Fraccionaria, que é o sistema que permite aos bancos crear diñeiro como débeda. Partindo dos seus procedementos asumidos legalmente como lícitos, lexitímase automáticamente a proposta formulada.

No proxecto defínese un plan mestre que se propón aplicar á banca a mesma lei que regula a súa actividade xeradora de diñeiro, así como visibilizar este funcionamento que, conscientemente, se mantén oculto á poboación. Para isto, Núria Güell crea varias plataformas de difusión e formación, dirixidas á poboación, sobre estratexias para expropiar diñeiro a entidades bancarias, creando diñeiro a partir da nada, ao igual que fan os propios bancos.

A primeira fase do proxecto consitíu na realización dun encontro pedagóxico baixo o título Cómo lles podemos expropiar diñeiro ás entidades bancarias?, da man dos expropiadores Lucio Urtubia, Enric Duran e do economista Qmunty. Nese encontro explicáronse diferentes estratexias de expropiación, así como a estratexia real que emprega a banca para crear diñeiro na actualidade.

A segunda fase formalizóuse coa creación e publicación dun manual coas diferentes estratexias de publicación, asesoramento legal e textos reflexivos. Este manual ten sido distribuido gratuitamente en diferentes lugares do espazo público e social, e da web 2.0. Finalmente, a Editorial Melusina levou a cabo a súa pubicación material e distribución a través das librerías españolas, inserindo o proxecto de modo definitivo no real.

O proxecto foi desenvolvido, entre 2011 e 2011, en Barcelona, e contou coa especial colaboración de: Enric Duran, Lucio Urtubia, Qmunty, Simona Sarau, Colectivo Cri­sis e a Universidad Libre La Rimaia. 

En termos más xerais, Núria Güell fala dos seus obxectivos e procedementos de traballo deste xeito: "repenso a ética practicada polas institucións que nos gobernan. Interésame detectar os abusos permitidos pola legalidade establecida. Pararelamente, analizo cómo os mecanismos de poder crean estratexias de control, que implican unha toma de poder da subxectividade, incidindo nos nosos esquemas de conduta, de pensamento e de sentido. Esta análise lévame tanto a visibilizar as súas estratexias como a xerar unhas novas, co obxectivo de transgredir e/ou poñer en crise as establecidas. Para iso, adoito provocar interferencias no entorno cotián mediante determinadas accións, perforando a realidade e a obviedade que a acompaña, creando outras realidades posibles, alterando as relacións de poder instauradas".

 Núria Güell formóuse no campo das artes plásticas entre Barcelona e A Havana, onde coñeceu e colaborou con proxectos da artista Tania Bruguera. De feito, participou nas edicións de 2009 e 2012 da Bienal da Havana; e no 2010 na Bienal de Pontevedra e na de Liverpool, así como na Trienal de Tallin e na Bienal de Liubliana, ambas en 2011. Ten exposto en diversos museos españois, europeos e do resto mundo dentro do circuito artístico pero tamén en espazos autoxestionados e de carácter máis libertario.

LINKS:

Proxecto Aplicación Legal Desplazada #1: Reserva Fraccionaria no web de Núria Güell

Vídeos das conferencias e charlas do encontro pedagóxico

PDF da publicación ¿Cómo podemos expropiar dinero a las entidades bancarias?

Fonte: Ignacio García del Valle