Atalaia

Vista da exposición Ánxel Huete. Unha revisión crítica
> Ánxel Huete. Unha revisión crítica
Datas: 28/04/2017 - 01/10/2017

Artistas

Ánxel Huete

Comisariado

Agar Ledo

Descrición

Ánxel Huete. Unha revisión crítica é a primeira presentación que fai un museo da traxectoria de Ánxel Huete (Ourense, 1944), artista indispensable para comprender o discorrer da produción artística en Galicia nas últimas décadas. Defensor da arte como motor de transformación social, compaxinou o labor plástico coa militancia política e a activa participación na organización de eventos fundamentais para a renovación da arte galega e dos seus modos de organización: a exposición de esculturas ao aire libre do Parque municipal do Castro (Vigo, 1974), as mostras da Praza da Princesa (Vigo, 1975), Atlántica (1980-1983), a Asociación Galega de Artistas Visuais (creada en 1997) ou o Foro da Cultura Galega (1999-2001).
Fonte: MARCO

Diario Cultural (Radio Galega): Ánxel Huete percorre cinco décadas de traxectoria artística