Atalaia

Rogelio López Cuenca, Le partage, V, 2009. Vídeo, 7 min. en loop
> El espacio intermedio
Datas: 30/06/2011 - 30/10/2011

Descrición

Artistas: Ghada Amer - Reza Farkhondeh - Douglas Gordon - Rogelio López Cuenca - Shirin Neshat - Rubén Ramos Balsa.

El espacio intermedio é un proxecto expositivo que tenta revelar a importancia do espazo entre as cousas, os tempos, a obra e o espectador. Se habitualmente definimos 'intermedio' como algo que está entre os extremos do lugar, tempo, calidade, tamaño, etc., tamén definimos intermedio como o espazo de tempo durante o que queda interrumpida unha representación ou un espectáculo, ou como o espazo que hai dun tempo a outro ou dunha acción a outra. En todas estas acepcións, o intermedio acada unha dimensión espacial e sempre suxire a existencia dunha distancia, sexa esta física ou temporal. Distancia existente entre dous extremos nun principio ben definidos.

Esta exposición pretende analizar a noción de espazo intermedio plantexada polo filósofo francés Jacques Rancière. El espacio intermedio entendido como lugar da experiencia, no que se desenvolven os procesos, como lugar no que teñen lugar as construcións, como lugar de cruce entre as disciplinas artísticas, como o lugar, en definitiva, onde habita a arte contemporánea.

A exposición parte dunha obra de Douglas Gordon (Glasgow, Escocia, Reino Unido, 1966) que deixa no espazo intermedio a un dos dous comisarios, e estrutúrase seguindo un percorrido por pezas representativas de artistas como Shirin Neshat (Qazvin, Irán, 1957), Rogelio López Cuenca (Nerja, Málaga, 1959), Ghada Amer (O Cairo, Exipto, 1963), Rheza Farkhondeh (Irán, 1963) e Rubén Ramos Balsa (Santiago de Compostela, 1978).

Todos eles traballan a noción de espazo intermedio nun ou noutro sentido, desde a experiencia propia do paso das horas, desde a condición de emigrante o autoexiliado, desde a de arquivador da imaxe colectiva, desde a de quen admite a intervención do outro no seu universo creativo ou desde a do artista conceptual que tenta desbaratar as nosas percepcións dos aconteceres cotiáns.

Fonte: MACUF