Atalaia

Urbano Lugrís. Habitación do vello mariño. 1946. Óleo sobre táboa. Col. Quiñones de Léon, Vigo.
> O fermoso rostro do país. Pintura galega na colección Quiñones de León. Vigo
Datas: 09/01/2012 - 31/12/2013

Descrición

O fermoso rostro do país. Identidade e universalidade. A pintura galega na colección Quiñones de León.

O obxectivo desta mostra colectiva é evidenciar, desde a colección de arte galega do Concello de Vigo, o desenvolvemento da imaxe pictórica galega desde a primeira metade do século XIX até finais do século XX, entendendo este fenómeno enmarcado no seu contexto nacional, máis tamén como un anaco da tradición cultural europea producida nun país que posúe unha singularidade histórica marcada, dentro da que se proxectan as grandes correntes artísticas da Europa Occidental, non como inevitable consecuencia da nosa situación xeográfica senón por unha vontade de procurada conexión coas correntes internacionais e en sintonía cunha parte das mesmas que teñen nos factores sociais e identitarios algunhas das súas características máis singulares. 

A exposición, comisariada por Carlos L. Bernárdez, desenvolve ao longo de 10 seccións, articuladas tematicamente, algunhas das líneas que consideramos mais significativas na evolución da nosa pintura -e complementariamente da nosa escultura- dos séculos XIX e XX, cerna fundamental da colección. As seccións da exposición son:

1.- Costumismo, primitivismo e identidade

2.- Mater Gallaecia

3.- Escenarios

4.- Natureza morta

5.- Retrato

6.- Europa

7.- Sentimento da Terra

8.- Temática social

9.- Entre a abstracción e a nova figuración

10.- Fragancia Atlántica

 

* Esta mostra foi concibida para inaugurar o novo espazo artístico da Pinacoteca Municipal de Vigo Francisco Fernández del Riego, en xaneiro de 2012.

Rúa Abeleira Menéndez,8 - 36202 Vigo // Telfs. 986 29 50 70 / 986 29 50 75.

Horarios: -Aberto: Martes a Domingo: 11:00h. ás 13.30h. e 17.30h. ás 20:00h. -Pechado: Luns.

Fonte: Concello de Vigo / Área de Cultura