Warning (2): include(adodb/home.inc) [http://php.net/function.include]: failed to open stream: Non hai tal ficheiro ou directorio [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]
Warning (2): include() [http://php.net/function.include]: Failed opening 'adodb/home.inc' for inclusion (include_path='/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp:/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/:.:/usr/share/pear:/usr/share/php') [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]

Atalaia

Nam June Paik. One Candle. 1988
> On the road
Datas: 27/06/2014 - 30/11/2014

Comisariado

Gloria Moure

Descrición

O Palacio de Xelmírez, a igrexa e o cemiterio de Bonaval, ademais de espazos urbanos emblemáticos da cidade son os escenarios da mostra estrela do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís e que se poderá visitar ata o 30 de novembro.

On the Road deixará como legado do centenario para Galicia e para a cidade de Santiago a rehabilitación dun espazo único no mundo, o Palacio de Xelmírez, para o seu uso cultural, de modo que para acoller On the Road, Turismo de Galicia levou adiante no Palacio de Xelmírez unha gran obra de rehabilitación e acondicionamento para o que se asinou un acordo entre a Administración autonómica e a Fundación Catedral de Santiago.

On the Road conta coa participación de 35 artistas de gran prestixio nacional e internacional. Doce destes artistas crearon obras específicas para a exposición. 

A figura de San Francisco e a súa actitude é o tema central da mostra. Trátase dun dos personaxes con maior protagonismo na historia da arte e que ten sido representado por artistas de todas as épocas.

A mostra non queda na súa superficie ou representación senón que afonda nas actitudes do mesmo e céntrase nas seguintes actitudes: Camiñar como experiencia, A idea de que para San Francisco o mundo non era unha paisaxe, senón que todos formabamos parte dese todo, A experiencia como valor de coñecemento fronte a idea de racionalismo e O enfrontamento coas regras establecidas.

San Francisco foi un revolucionario do seu tempo e deixou pegada nos artistas que se sentiron identificados con esas actitudes.

 

Organiza: Turismo de Galicia, Xunta de Galicia

Fonte: Xacobeo