O Museo das Peregrinacións e de Santiago acolle "O Camiño de Santaigo nos Camiños de Santiago", unha mostra de Gabriel Díaz que recupera os valores humanos que a ruta fomentou a través da experiencia do peregrino.
Para a realización da mostra o artista recorreu a pé e ao longo dos últimos seis anos as rutas xacobeas de toda Europa, tomando unha fotografía cada once pasos. As imaxes foron transformadas posteriormente na video-instalación do Museo das Peregrinacións e de Santiago. A exposición, organizada pola Fundación ARQ ART para a Promoción da Arquitectura e a Arte en colaboración co Museo, posúe un carácter de simultaneidade noutros centros de España e Europa a partir da obra videográfica do autor. A A video-instalación concibida por Gabriel Díaz para Os Camiños de Santiago no Camiño de Santiago inscríbese no marco da temática abordada polo artista ao longo da súa traxectoria profesional, na que a presenza da natureza foi unha constante.
Fonte: Consellería de Cultura e Turismo