O Outono Fotográfico é o Festival Galego de Fotografía; o decano da península ibérica, que chega neste 2012 á súa 30ª edición.
O OF organiza exposicións e prográmaas en espazos expositivos como galerías de arte, salas de exposicións institucionais, centros de ensino, Casas de Concellos, da Xuventude e de Cultura, lugares públicos, cafeterías...
Un dos obxectivos é a súa expansión, polo que se programan mostras por toda Galicia e ademais en Cataluña, Portugal e Brasil.
Componse de tres seccións: 1: Sección Oficial na que o Festival convida a autoras/es e curadoras/es; 2: Outono Aberto onde se seleccionan traballos de amadoras/es; e 3: Historias da fotografía galega para a recuperación do traballo de fotógrafas/os de Galicia xa falecidos.
As cifras e datos desta 30ª edición do Outono Fotográfico preséntanse deste xeito: Total fotógrafas/os: 472 // Total exposicións: 116 // Individuais: 75 // Colectivas: 41 cun total aproximado de 397 fotógrafas/os // Espazos expositivos: 92 // Salas e espazos públicos: 55 // Salas privadas: 37 // Institucións participantes: 35 // Empresas privadas: 41 // Vídeo exposicións: 11 // E ademáis: concursos, talleres, accións, performances... O orzamento desta edición: 27.317 euros.
LINKS
Presentación do Outono Fotográfico 2012.
Programa do Outono Fotográfico 2012.
Catálogo do Outono Fotográfico 2012.
Vídeo: Presentación do Outono Fotográfico 2012.
Fonte: Outono Fotográfico