Atalaia

> Outumuro Looks: 20 anos fotografando moda
Datas: 08/07/2010 - 12/12/2010

Descrición

A exposición Outumuro Looks, é unha mostra procedente do Museu Textil i d’Indumentaria - Disseny Hub de Barcelona que recolle os últimos 20 anos da traxectoria profesional e artística do fotógrafo Manuel Outumuro (Ourense, 1946).

Son máis de 200 imaxes capturadas polo que é considerado un dos fotógrafos máis prestixiosos do noso país; pioneiro e referente no campo da fotografía de moda, as súas fotografías son as das fantasía e os sonos, representan unha ficción da realidade que constrúe novos mundos perfectos.

O guión desta retrospectiva desenvólvese en seis espazos diferentes: Secuencias, Retratos, Blanco e negro, Celebrities, Entornos e Poses e Actitudes e conta tamén co audiovisual Beyond the look dirixido por Isabel Coixet e realizado para esta exposición coas imaxes dos filmes preferidos de Manuel Outumuro.

Os comisarios da mostra son Ramón Prat e Silvia Ventosa e a produción de Disseny Hub Barcelona.

 

Fonte: Auditorio de Galicia