Atalaia

Pablo Gallo. Da serie Anti-Faces: #12 Picasso/Buster Keaton | #11 Andy Warhol/Groucho Marx | #2 Franz Kafka/ Francis Bacon. Acrílicos sobre lenzo. 55 x 38 cm cada un.
> Pablo Gallo. Anti-Faces (Dobles identidades)
Datas: 27/01/2012 - 09/03/2012

Artistas

Pablo Gallo

Descrición

Pablo Gallo (1975, A Coruña), regresa, catro anos despois da súa última visita, aos espazos de Moret Art para presentar a súa obra máis recente Anti-Faces (dobles identidades), un proxecto no que o artista racha coa metáfora do rostro como representación da personalidade individual para presentarnos este desconcertante baile de identidades. Ás veces as unións parecen fortuítas -coma se dun cadáver exquisito se tratase-, pero, noutras ocasións, trazos da personalidade ou un pasado común serven como vínculo para estas asociacións apreciándose unha clara intencionalidade por parte do autor.

A mostra Anti-Faces componse dunha vintena de obras nas -segundo a opinión de Nuria Blanco, directora de Moret Art-, "o artista fai un tratamento da imaxe próximo aos postulados dos retratos de Warhol, xunto co xogo de palabras que Gallo utilizou como título desta exposición o que me leva a pensar que tal vez nos encontramos ante o diario dun iconoclasta".

En palabras do propio Pablo Gallo: "Atreverse a partirlles a cara a algúns dos personaxes máis populares do século XX. Partirlles a cara sen remordemento ningún. Disfrazalos. Cuestionalos. Traizoalos. Retratalos a traizón -di o autor-. Supoño que, en maior ou menor medida, todos temos unha dobre identidade. Un lado escuro. Un diminuto Dr. Jekyll e un diminuto Mr. Hyde que loitan sen descanso na escuridade do noso cranio".

Fonte: Galería Moret Art