Atalaia

> Paco Pérez Valencia. A insurrección expositiva: montaxe creativa de exposicións
Datas: 26/04/2013 - 28/04/2013

Descrición

A insurrección expositiva: montaxe creativa de exposicións está impartido polo comisario independente e artista plástico Paco Pérez Valencia, quen abordará os novos modos de contar un proxecto expositivo por medio de solucións creativas, na busca de novos públicos e novas fórmulas de patrocinio, incidindo tamén no aspecto emocional á hora de realizar montaxes expositivas. A actual crise económica afecta ao mundo das grandes exposicións e museos, así que este obradoiro se anticipa a redimensionar o potencial de moitos profesionais do sector.