Atalaia

Špela Trobec. 4x5. 2012. Técnica mixta. 30x30 cm. cada un
> Špela Trobec. Cocinablanca
Datas: 03/05/2012 - 11/06/2012

Artistas

Špela Trobec

Descrición

"As obras de Špela Trobec (1974, Eslovenia), xogan coas transparencias. Cada vez que se observan descóbrense máis planos, ábrense espacios, espacios baleiros e silandeiros; pero tamén espacios poéticos, cheos dunha forte expresividade.

Na exposición Cocinablanca, a gama cromática nas cores dominantes redúcese a negros, brancos e vermellos, como status quo dentro do desenvolvemento da artista. Trátase dun proceso de purificación; desde uns contidos barrocos, un ductus determinado e unha posible sobrecarga de información visual, cara un xeito máis puro e minimalista de traballar e expresarse.

Negro sobre negro, branco sobre branco, unha liña e outra liña máis. O forte trazado actúa como guieiro para entrar sempre máis fondamente nas obras e descubrir, cada vez, máis detalles: as fotografías antigas, os recortes de xornais amarelentos, as teas e os fieltros, as serigrafías, unha gama cromática moi reducida, e o grafismo tan típico da artista desenvolven unha pintura intensa, solta, dinámica e abstracta, que superpón e repinta, esconde e relaciona, separa e delinea, acentúa e focaliza."

Texto: Bettina Korten

Fonte: Galería Monty4