Atalaia

Peter Krauskopf. Elbe, B 180113. 2013. Óleo sobre lenzo. 56x50 cm
> Peter Krauskopf. Elbe
Datas: 25/05/2013 - 27/07/2013

Descrición

O artista alemán Peter Krauskopf expón baixo o título Elbe a primeira mostra individual en España. As obras inspíranse no río homónimo que atravesa Alemaña e a República Checa configurando paisaxes que recrearon pintores como Caspar David Friedrich. 

A produción de Krauskopf ademais de beber do Romanticismo, tamén ten influencias do Suprematismo ruso, liderado por Malevich, e da pintura de campos de cor promovida pola Escola de Nova York, que anticiparía estilos como os de Mark Rothko, Barnett Newman e Helen Frankenthaler, aos que o artista xermano sempre investigou.

Ao longo da súa traxectoria, Krauskopf uniu tradición e contemporaneiade mediante unha linguaxe abstracta coa que configura panorámicas de diversos formatos, nas cales inclúe outras paisaxes que o espectador descubrirá se observa detidamente.

Nacido en Leipzig (1966) formouse nesta mesma cidade na Hochschule für Grafiklaind Buchkunst. Actualmente reside e traballa en Berlín. Dende o comezo da súa carreira participou en numerosas exposicións como as celebradas no Mies der Rohe-Haus, en 2007; o Foro Kunst Rottweil ou o Kunsthalle Lingen, ambas as dúas en 2008; e a Berlin Clondyke de Canadá, en 2011. Das versprochene Land Galerie Neue Meister, Albertinum, Dresden en 2011 e no 2012 con Landschaft mit abstraktem Gemälde no Albertinum, en Dresden.

Fonte: Galería Vilaseco Hauser