Atalaia

Kepa Garraza. Acción de Asalto al Arte nº 19, Madrid. 2010. Óleo sobre lenzo, 170 x 300 cm
> Poéticas de destrucción: Kepa Garraza + Marina Núñez
Datas: 17/03/2011 - 21/05/2011

Descrición

Poéticas de destrucción é un diálogo construído a partir de dúas visións moi diferentes da cultura en tanto que expresión do humano, da comprensión da creación como techné e como poiesis. Un proxecto no que Kepa Garraza (Vizcaya, 1979) e Marina Núñez (Palencia, 1966) confrontan os seus universos narrativos para articular unha reflexión sobre a transgresión da identidade, o símbolo e o mito. As súas propostas aspiran a descubrir o atrezzo do xogo de mitos fundacionais -ficcións lexitimadoras- que estruturan a Historia da Arte, exhibindo o código de convencións no que asenta todo o proceso -por definición ilusorio- de (auto)representación.

Fonte: Adrián Hiebra. Extracto do catálogo da exposición / Factoría Compostela