Participantes: GLF - David Silvosa - Álvaro Valiño - Dani Bembibre - Luis Díaz - Jonay Pmatos - Rubén Lopez Ares - Esferobite - Koroiev - Blö - Eloi Gimeno - Cecilia Díaz Betz - Susana Sanromán - Mucho - Hey Studio - Ángel Souto - Jordi Cussó - Mcom By Colectivo Oruga - Entresuelo 1ª - Rocío Martinavarro - El Monstruo - Combo Dinamo - Kanaloas - Santa Rita - República Disco Apocalipso - Baobab Bar.
Poñer Cousas En Orde. 40 días de imaxes, música, accións e palabras.
Poñer Cousas En Orde é un programa que sucede nun marco temporal. A exposición de obras visuais, os concertos e as charlas intercálanse no programa e serven como reclamos mutuos. O tipo de obras é mixto e multidisciplinar, ao igual que o estilo das propostas musicais e as temáticas das charlas.
Poñer Cousas En Orde é unha metáfora de todo acto creador moderno e serve como eixo para facer unha proposta global nun contedor de cultura contemporánea como NORMAL.
Proposta expositiva: Dentro do evento/programa preséntanse 13 obras, incluíndo instalacións, fotografías, vídeos e gráfica. A presentación e instalación das pezas é progresiva, de xeito que a mostra vaise enchendo segundo o programa establecido. Cóntase con creadores de Galicia, Barcelona, Madrid e Londres. Propoñendo un espectro local e global de creacións visuais.
Música: A proposta musical inclúe grupos e artistas de música electrónica, djs, rock e pop. Un programa mixto no espírito da selección visual. Hai un concerto de un ou dous artistas cada semana durante todo o programa, ata un total de 8 actuacións.
Charlas: O programa de Poñer Cousas En Orde inclúe tamén 4 charlas específicas con recoñecidos creativos e deseñadores españois, 3 charlas-coloquio con varios dos creadores participantes e tamén a proxección dunha curtametraxe.
Documentación: Todo o evento, dende a montaxe, ata as charlas e concertos, son rexistrados audiovisualmente e o resultado convírtese nunha peza documental que resume a experiencia e que servirá como arquivo e tamén como unha peza máis da mostra.
Gravación: Os artistas musicais realizan unha sesión de gravación en directo no Estudio Paideia-Mans que logo se edita xunto con resto do material documental.
Web/Blog: Ademais da información xeral e os participantes, o proxecto conta con espazos en web e redes sociais que se alimentan con contidos relacionados coa mostra e con actualizacións dos eventos que van tendo lugar.
LINKS:
PDF. Dossier de Poñer Cousas En Orde
Vídeo. Inauguración de Poñer Cousas En Orde
Fonte: NORMAL. Espazo de intervención cultural. Universidade da Coruña