A exposición Propostas para unha colección. II, é a continuación dun proxecto xa iniciado no 1998, no que a galería propoñía, para facer parte dunha colección, unha escolla de obras realizadas por artistas que participaran nalgunhas das mostras celebradas na galería. Nesta ocasión, a escolma de artistas e obras baseóuse nos seguintes criterios: artistas que traballan habitualmente coa galería, obras dos tres últimos anos e proxectos que resultaran interesantes, tanto polo traballo realizado polo artista, como polo propio proxecto desenvolvido. Deste xeito, a Galería Marisa Marimón tenta dar a coñecer a súa aposta persoal por unha serie de traballos levados a cabo polos seguintes artistas:
Artistas: Vicente Blanco (Santiago de Compostela, 1974), Antón Cabaleiro (Santiago de Compostela, 1977), Salvador Cidrás (Vigo, 1968), Tamara Feijoo (Ourense, 1982), Rosell Meseguer (Orihuela, 1976), Diego Opazo (Santiago de Chile, 1966), Mauro Trastoy (Ferrol, 1971).
Fonte: Galería Marisa Marímón