Atalaia

Gervasio Sánchez. Biblioteca de Saraievo, 1993 e 2008 / Atravesando unha ponte, 1993 e 2008.
> RÁFAGAS / Gervasio Sánchez. Saraievo: guerra e paz
Datas: 25/10/2012 - 06/01/2013

Descrición

RÁFAGAS é un proxecto transversal e multidisciplinar que, ao fío dunha exposición do fotógrafo Gervasio Sanchez (Córdoba, 1959), Saraievo: guerra e paz, converte o centro ÁGORA nun espazo de reflexión, debate e creación arredor dos conflitos e a educación para a paz.

A exposición é o punto de partida arredor do cal se articulan -agrupadas en bloques- todas as actividades que conforman o proxecto e que reúnen a expertos, estudosos e profesionais coa intención de reflexionar e xerar debate sobre o estado do noso mundo, implicando e facendo partícipe ao público de maneira activa.

LINK: Programa completo de RÁFAGAS.

Saraievo: guerra e paz. Exposición de Gervasio Sánchez. Preséntase unha selección de fotografías da cidade de Saraievo realizadas en dúas épocas ben distintas: imaxes en branco e negro dos anos 1993-1994, durante o cerco á cidade en plena guerra dos Balcáns; imaxes en cor durante o ano 2008, coa paz e a convivencia xa restablecidas. As fotos proceden do libro Gervasio Sánchez. Sarajevo 1992-2008, Ed. Blume. A mostra pode visitarse entre o 25-outubro-2012 e o 6-xaneiro-2013.

Ráfagas de fotoperiodismo. Do 24 ao 27 de outubro.

Xornadas sobre xornalismo ético e a ética na arte. A representación de conflitos nos medios e nos museos. Días 29 e 30 de novembro.

Ráfagas de educación para a paz. A educación, unha vacina contra a guerra. Días 3 e 4 de decembro.

11.541 Rememorando Sarajevo. Arte para a reflexión. Entre o 8 de novembro e o 13 de decembro.

Máis información en RÁFAGAS.

Fonte: Centro ÁGORA -  Concellería de Cultura. A Coruña