Warning (2): include(adodb/home.inc) [http://php.net/function.include]: failed to open stream: Non hai tal ficheiro ou directorio [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]
Warning (2): include() [http://php.net/function.include]: Failed opening 'adodb/home.inc' for inclusion (include_path='/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp:/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/:.:/usr/share/pear:/usr/share/php') [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]

Atalaia

Radiador. Cartel da exposición cunha obra de Elena Fernández Prada.
> Radiador. Nova figuración en Galicia
Datas: 23/03/2012 - 24/06/2012

Descrición

Artistas: Javier Aguilera / Bosco Caride / Elena Fernández Prada / Germán Pintos / Ignacio Pérez-Jofre / Jorge Perianes / Juan Rivas.

Sería imposible intentar unha aproximación á figuración actual e, máis concretamente, á utilización de estratexias debedoras da tradición realista, sen ter en conta as aportacións de movementos e correntes como o surrealismo, a abstracción, opop, a arte conceptual, o minimalismo ou o hiperrealismo; ademáis de medios como a fotografía, o cinema e o vídeo; disciplinas como a publicidade, o cómic e o deseño ou canles como a televisión e a rede.

Esta herdanza cultural mudou a nosa forma de observar a realidade e, como consecuencia, configura tamén novas formas de achegarse ao problema da representación que teñen en conta eses cambios, como os propios motivos representados - que agora son escollidos no mundo da produción e o deseño industrial e a paisaxe urbá - a descontextualización, a fragmentación ou a importancia da imaxe mediada, ben por procedementos fotográficos, ou ben por procedementos de reinterpretación e condensación de imaxes xa dadas.

Todos estes elementos confiren á figuración actual, unhas características diferenciadoras que teñen que ver coa propia actitude e intencionalidade dos artistas que a practican. Unha intencionalidade que se move entre dúas funcións: a descriptiva e a narrativa. Aínda que sería pouco preciso entender estas dúas funcións como polos absolutamente opostos, resultan operativas como ferramenta de análise para achegarnos ao panorama actual da arte figurativa desenvolvida a partir dos códigos da mímesis.

(Extracto do texto do comisario da mostra, Javier Pérez Buján)

Fonte: Fundación Laxeiro