Atalaia

Rosalía Pazo. Argumento(s) para unha farsa. 2012.
> Rosalía Pazo. Argumento(s) para unha farsa
Datas: 25/05/2012 - 06/07/2012

Descrición

A Aula de Cultura "Ponte de Rosas" acolle a mostra Argumento(s) para unha farsa, da artista Rosalía Pazo. A presentación da exposición corre a cargo da amiga da escultora, artista, teórica e comisaria, Mar Caldas.

A obra de Rosalía Pazo Maside (A Estrada, Pontevedra, 1956) ven sendo presentada en diversas mostras colectivas e individuais ao longo do país dende o ano 1981. Teñen obra súa no Museo Carlos Maside de Sada, A Coruña, en institucións oficiais e en centros de ensinanza de toda Galicia.

En Argumento(s) para unha farsa, Pazo presenta unha selección de traballos pertencentes a dúas series formal e conceptualmente ben diferenciadas mais cun fío condutor "na intención de conxurar, mediante a fabulación e a ironía, o estremecemento que provoca a presunta grandiosidade dun mundo intervido ata o cerne polo ser humano", en palabras da autora.

Vídeo de inauguración da exposición

Fonte: IEM