A mostra integra distintas liñas de fotografías artísticas. Lugares con Historia, imaxes ambientadas en espazos cunha forte carga histórica nas que a luz xoga un destacado protagonismo, como querendo indagar e saber un pouco máis acerca deses lugares. Imaxes algunhas sacadas en diferentes situacións pero unidas no visual. Nomes, a historia escríbese a base de nomes, moitas veces anónimos ou pouco coñecidos como estes. Pode ser o inicio dunha serie na que o artista se dedique a coleccionar nomes. E Monet colleu a súa cámara dixital, cun claro referente, a serie de 31 lenzos de Monet sobre a Catedral de Rouen a distintas horas do día e diferentes climatoloxías e perspectivas. É un modo de acurtar distancias entre pintura e fotografía, de feito, pode chegar a ter unha aparencia de pastel e Cidades, neste caso, unha Venecia vista a través dos seus reflexos e a fusión entre eles.