Atalaia

Óscar Cabana. A Coruña, 2011. T. mixta. 95x95 cm
> Óscar Cabana. Punto de fuga
Datas: 25/05/2012 - 06/08/2012

Artistas

Óscar Cabana

Descrición

Aos que coñecemos e seguimos a traxectoria de Óscar Cabana, sempre é motivo de expectación descubrir as súas últimas creacións. Ano tras ano, o seu traballo consolídase e faise más persoal. Estamos afeitos á importante presenza da arquitectura como eixo principal das súas obras, un fío condutor que nos traslada a cidades cada vez máis anónimas pero tamén cunha alma cada vez máis humana.

Como bo arquitecto, Óscar Cabana domina a figuración urbana para logo deconstruila e xerar un novo espazo cheo de sensacións, permitíndonos seren protagonistas da súa obra, percorrer as rúas, sobrevoar as cidades, en definitiva, fainos partícipes das súas creacións.

A súa constante investigación e procura de elementos que aporten experiencias ao espectador, lévanlle a dominar as texturas e os volumes, xerando una nova dimensión da súa obra.

A preparación previa de cada un dos lenzos e soportes mediante ieso, resinas e materiais diversos, orixina uns fondos cheos de vida para recibir á paleta cromática á que permanece fiel desde os seus comezos. Branco, negro e vermello, xeran unha atmosfera moi particular, onde cada espectador, ao sentirse parte activa da obra, se pode imaxinar unha gama de cores particulares cos que rematar e persoalizar a obra.

Nesta mostra, Punto de fuga, atopamos a un Óscar Cabana máis intimista pero, ao mesmo tempo, aberto a un mundo no que deseño, literatura e fotografía interrelacionan perfectamente, dando así un paso máis na boa dirección.

A súa capacidade de creación e constancia no traballo, xunto a unha sólida base de formación e coñecemento da realidade fan de Óscar Cabana un artista que evoluciona a paso firme cun traballo de calidade e traxectoria emerxente.

Texto: Salvador Corroto Tudela

Fonte: Galería Atlántica Centro de Arte