Atalaia

Luis Seoane. Desnudo. 1950. Óleo sobre lenzo. Col. Fundación Seoane.
> Seoane: fontes e recursos
Datas: 07/02/2012 - 06/05/2012

Artistas

Luis Seoane

Comisariado

Silvia Longueira

Descrición

Camiño de Seoane é un novo ciclo de exposicións co que a Fundación Luis Seoane pretende ofrecer ao longo dos vindeiros tres anos un marco de análise e investigación acerca da obra e vida de Luis Seoane no que participarán distintos artistas, comisarios de exposicións, escritores e historiadores, cuxo traballo final servirá para abordar a realización do catálogo razonado da obra do artista galego.

Durante os case de 16 anos de existencia da Fundación Luis Seoane abordáronse etapas de traballo interno e de investigación nos que colaboraron diferentes institucións e profesionais. Valeriano Bozal, Victoria Carballo Calero, Maria Luisa Sobrino, Ramón Villares, Xosé Díaz, José Manuel López Vázquez, Rodrigo Gutierrez Viñuales, Maria Antonia Pérez, Xavier Seoane, Xosé Luis Axeitos, entre outros, conformaron un corpus de estudo e investigación que posibilitou afrontar as bases do coñecemento sobre o universo Seoane. Xunto a eles, o traballo de documentación da propia Fundación levado a cabo sobre o fondo institucional e o da acción pedagóxica desenvolvida a través de diferentes proxectos didácticos, foron artífices dun escenario no que a figura de Luis Seoane pode ser apreciada desde diferentes ópticas e enfoques por parte tanto de profesionais como do público en xeral.

Seoane, fontes e recursos é o título do proxecto expositivo comisariado por Silvia Longueira -directora da Fundación-, que abre este novo ciclo de exposicións, unha escolla de 28 óleos realizados entre 1945 e 1958 que protagonizarán o primeiro capítulo de Camiños de Seoane. O propósito da mostra e o seu acotamento temporal responden á idea de debullar a realidade creativa e histórica de Luis Seoane baseandose en periodos que marcaron o seu ritmo vital ao redor da arte e o exercicio intelectual. A escolla dos óleos como protagonistas da mostra responden a que éstos constitúen a obra máis meditada por parte de Seoane, aquela na que a presenza do artista se fai máis evidente e na que éste envorca o coñecemento e estudo técnicos obtido a través da práctica creativa realizada noutros soportes. Seoane, fontes e recursos está divida en catro bloques:

-A muller. Figuras femeninas, a musa, a muller obxecto, a terra nai, a tradición, o universo feminino, o matriarcado na Galiza rural

-A Galicia rural. Os labregos, a estrutura económica baseada en actividades primarias, o minifundio, o mundo do traballo, o interese polas clases traballadoras

-A guerra. A creación despois de 13 estampas de la traición, o último recordo dun lugar que se deixou atrás, cómo se afronta o exilio que se fai definitivo

-Paisaxe. Descubrir o lugar que se elixiu para vivir, coñecer o país natal, a xeografía que acompaña ao home no seu devir

A exposición acompáñase, ademáis, da proxección do documental Isaac de Xosé Abad.

Fonte: Fundación Seoane