Atalaia

Vista da exposición
> Tayone. Tres Tristes Tetris
Datas: 22/05/2014 - 20/06/2014

Artistas

Tayone

Descrición

Tres Tristes Tetris, título da exposición que presenta Tayone (Vigo, 1980) en Espazo Miramemira, xoga xa no seu título co coñecido trabalinguas, de igual modo que na obra que presenta, xoga coas formas como partes dun crebacabezas. Paredes, muros, arquitecturas, formas que se encaixan dun modo ou outro. Como posibilidades a partir de fragmentos de materiais construtivos, nos que ás veces asoma ou emerxe a natureza, como desexo, ou como paisaxe, ou como natureza morta. Paisaxes distópicos cun marcado carácter crítico.
 
Tayone comezou a súa andaina a mediados dos noventa no mundo do graffiti cun marcado carácter social, aludindo nas súas intervencións a cuestións relacionadas co consumo masivo e as súas problemáticas sociais nun sentido amplo. Posteriormente formarase na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e ampliará o seu campo en torno á ilustración, o vídeo ou as intervencións no espazo público, utilizando estes medios, como subliña el mesmo, como ferramenta crítica para sublimar a realidade que nos contén.
 
O seu recorrido expositivo vai desde Urbanitas no MARCO de Vigo no ano 2006, ata O bosquexo do mundo exposición itinerante que aínda pode verse na Fundación Luis Seoane en A Coruña, entre outras moitas, así como intervencions e graffitis en diversas cidades.

Fonte: Espazo miramemira

Vídeo da exposición