Atalaia

Toño Camuñas. Fragmentos dos murais realizados nas paredes do Halcón Milenario, Vigo, maio 2012.
> Toño Camuñas
Datas: 04/05/2012 - 01/06/2012

Artistas

Toño Camuñas

Descrición

"A pintura de Toño Camuñas é unha aberración reflexo da distorsión que proxecta o noso mundo e da angustia rebasada de vivir ao límite das posibilidades da moral, a falsa moral e, definitivamente, a non moral. A moral da supervivencia e intemperie que impera no submundo de yonquis, putas e vellos lobos de mar tatuados ata a médula e cos ollos desorbitados pola traxedia humana, que, nada novo, cálcase a si mesma a través dos séculos.

Esta narrativa subtérranea, do inframundo máis ben, baséase nun fluir continuo a través de diferentes realidades matéricas e niveis simbólicos de significación, mergullándonos cada unha destas estampas diabólicas nunha situación e estado de ánimo totalmente inéditos e matizados pola ponzoña suxerida, descabellada e letal. Postais do subconsciente desordeado, representacións de enerxía oculta e, polo xeral, tóxica.

Algunhas desas imaxes esperan a Camuñas nos muros das rúas de Berlín, onde os arranca para a súa posterior intervención, no mercado da Lagunilla do DF ou voan, directamente, desde o Lonxano Oriente, para que este artista madrileño e nómada inunde as estampas de arte erótico xaponés de tebras e ensoñacións opiáceas que recrean os soños máis perversos do esperpento que tanto habitou en Goya ou en Grosz."

(Fragmentos dun texto de Rubén Bonet, México DF, 2009)

Link: Vídeo visita á exposición

Fonte: El Halcón Milenario