Warning (2): include(avg/images/tacu.jpg) [http://php.net/function.include]: failed to open stream: Non hai tal ficheiro ou directorio [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]
Warning (2): include() [http://php.net/function.include]: Failed opening 'avg/images/tacu.jpg' for inclusion (include_path='/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp:/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/:.:/usr/share/pear:/usr/share/php') [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]

Atalaia

Vista da exposición
> Toya García Senra. Soñar esperta
Datas: 15/11/2013 - 17/01/2014

Descrición

 

Moret Art Espacio presenta por primeira vez na Coruña a obra de Toya García Senra co proxecto expositivo Soñar esperta.

O proxecto expositivo, toma como base conceptual o concepto de oxímoro para extrapolalo á pintura, tal e como nos expón a propia artista "vexo na miña pintura moitos elementos contraditorios que forman parte da identidade da miña obra. Partindo da figuración encontrámonos, en ocasións, elementos moi realistas con outros que caen na indefinición, perspectivas imposibles xunto con espazos tridimensionais, cores encaixadas nun mundo de fantasía".

A realidade tanxible dos seus lenzos e táboas maniféstaseas rotunda, a través das súas cores vibrantes, o xesto enérxico, o equilibrio das composicións, e uns acabados impecables, notas características da súa linguaxe artística, que estruturan un interesante e sorprendente discurso. 

Fonte: Moret Art