Atalaia

Sen título (As Persoaxes con Josette).1991-95. C-print, 100x130cm ©Valérie Jouve/ADAGP, 2015 Cortesía Galería Xippas, París
> Valerie Jouve. Corps en résistance
Datas: 05/11/2015 - 17/01/2016

Artistas

Valérie Jouve

Descrición

Trátase da primeira exposición retrospectiva en España da fotógrafa e cineasta francesa Valérie Jouve (Firminy, Saint-Étienne, 1964), na que se amosarán máis de trinta fotografías e varias películas realizadas pola artista entre os anos oitenta a a actualidade, ademáis dunha instalación, Blues, creada expresamente por Valérie Jouve para este proxecto expositivo, que constituiu un auténtico acontecemento cultural na capital francesa tras a súa inauguración o pasado mes de xuño no Jeu de Paume de París.

Corps en résistance reúne por vez primeira un conxunto coherente das series ou corpus realizados por Valérie Jouve durante os últimos vinte e cinco anos, nunha mostra comisariada pola directora do Jeu de Paume, Marta Gili, pola investigadora e comisaria do Jeu de Paume, Pia Viewing, e pola propia artista. A obra de Valérie Jouve céntrase na relación que se establece entre os corpos e os espazos urbanos, a través da que cuestiona as problemáticas inherentes á evolución das sociedades contemporáneas de maneira poética e política.
Xunto coa exposición, o Jeu de Paume e a Fundación Luis Seoane edítase un catálogo en francés, inglés e castelán, que recolle, ademáis das obras incluidas na mostra, unha entrevista realizada por Marta Gili e Pia Viewing á artista, así como dous ensaios de Arlette Farge e Marie-José Mondzain sobre a súa obra.
Fonte: Fundación Luis Seoane