Atalaia

Tres vistas da mostra de Vari Caramés sobre as cidades vividas por Gonzalo Torrente Ballester
> Vari Caramés. Cidades de GTB
Datas: 15/10/2012 - 31/01/2013

Artistas

Vari Caramés

Descrición

Cidades de GTB é o resultado do reto que lle propuxemos a Vari Caramés (Ferrol, 1953). Viaxar ás cidades nas que viviu o escritor Gonzalo Torrente Ballester e fotografar a súa memoria.

Seleccionamos 80 fotografías, mesturando as evocacións (lugares e recantos queridos por GTB, imaxes que fan referencia aos seus escritos) con esa especie de encontro entre o bodegón e a paisaxe que compón o mundo das fotografías de Vari Caramés.

Para a ocasión, editóuse un libro, cunha tirada de 500 exemplares, dos cales os 50 primeiros están acompañados por unha fotografía de Vari Caramés.

Fonte: Fundación Gonzalo Torrente Ballester