Atalaia

Vari Caramés. Nadar 02. 2010. Fotografía sobre papel de algodón, 60 x 80 cm
> Vari Caramés. Nadar
Datas: 09/11/2010 - 08/01/2011

Artistas

Vari Caramés

Descrición

Baixo o título Nadar, Vari Caramés presenta unha selección de fotografías que teñen o denominador común dos corpos de nadadores, homes e mulleres, novos e vellos, anónimos e amateurs, en diferentes composicións que reflicten as súas evolucións dentro da auga, en piscinas ou praias, en momentos de lecer ou de exercicio físico, sobre o ras ou mergullados, mesmo coa presencia de elementos arquitectónicos ou das paisaxes circundantes.

As imaxes, unha escolla temática e representativa dentro da produción e traxectoria do fotógrafo ferrolán afincado na Coruña, aparecen presentadas en branco e negro sobre papel de algodón, e manteñen a fidelidade á estética de fabulación esvaída, de instantánea movida e vocación lúdica, que caracteriza o traballo de Vari Caramés.

Fonte: Atalaia