Warning (2): include(avg/images/tacu.jpg) [http://php.net/function.include]: failed to open stream: Non hai tal ficheiro ou directorio [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]
Warning (2): include() [http://php.net/function.include]: Failed opening 'avg/images/tacu.jpg' for inclusion (include_path='/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp:/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/:.:/usr/share/pear:/usr/share/php') [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]

Atalaia

Vari Caramés. Sen título (1997)
> Vari Caramés. Ventá ao insólito
Espazo: Afundación
Datas: 24/11/2016 - 25/02/2017

Artistas

Vari Caramés

Comisariado

Asunta Rodríguez

Descrición

Vari Caramés. Ventá ao insólito é unha escolma de 92 fotografías pertencentes aos seus propios fondos e aos das coleccións de arte Afundación e ABANCA. Unha mostra que nos leva a fundir literatura e fotografía a partir da referencia que Caramés fai a Julio Cortázar.

«Non me atraen demasiado as fotos en que o elemento insólito se amosa por obra da composición, do contraste de heteroxeneidades, do artificio en último termo. Se o insólito sorprende, tamén el ten que ser sorprendido por quen o fixa nunha instantánea. A regra do xogo é a espontaneidade, e por iso as fotos que máis admiro son tecnicamente malas, xa que non hai tempo que perder cando o estraño asoma nun cruce de rúas, nun xogo de nubes ou nunha porta entornada. O insólito non se inventa, como moito favorécese, e nese plano a fotografía non se diferencia en nada da literatura e do amor, zonas de escolla do excepcional e o privilexiado. Coma na vida, o insólito pode darse sen nada que o destaque violentamente do habitual. Sabemos deses intres en que algo nos descoloca ou se descoloca, xa sexa o tradicional sentimento deja vù ou ese instantáneo escorregar que se opera por fóra ou por dentro de nós e que dalgún xeito nos pon no clima dunha foto movida, alí onde unha man sae lenemente de si mesma para acariñar unha zona onde á súa vez un vaso esvara coma unha bailarina para ocupar outra rexión do aire». Julio Cortázar, Ventanas a lo insólito (París, 1976), en Papeles inesperados (Madrid: Alfaguara, 2009).

Fonte: Afundación

Vídeo sobre a exposición