Igual que o cine ou a prensa, a música pop e a rock tampouco non deron escapado da acción da censura. Pero, a diferenza destes, a represión intensificouse xusto cando a ditadura estaba a iniciar unha tímida apertura. O franquismo foi consciente do papel que a música xogara nas revoltas internacionais dos sesenta e tentou limitar o seu alcance nunha España cada vez máis desenvolvida e cosmopolita. A censura obrigou a producir novas portadas -convertidas hoxe en prezadas pezas de coleccionista- para refacer as máis escandalosas ou eliminar referencias incómodas nos textos das cancións.
Vibracións Prohibidas revisa os mecanismos de control aplicados durante a ditadura e a súa incidencia no mundo do pop e do rock, a través das portadas de discos da época e dos partes dos censores.
Folleto da exposición en ISSUU
Fonte: CGAC