Atalaia

Víctor López-Rúa. Rojo de Louboutin, 2011. Óleo sobre lenzo, 116 x 150 cm
> Víctor López-Rúa. Superficies subterráneas
Datas: 11/03/2011 - 30/04/2011

Descrición

"Son lugares comúns, poboados por personaxes e iconas contemporáneas e, sen embargo, as esceas son tan distantes do cotián... Baixo a superficie de cada pintura, de cada debuxo, percíbese o palpitar de historias que agardan inconclusas a quen será capaz de pechar o círculo, o outro protagonista: o espectador. Agora correspóndenos a nós, inevitablemente, emprender ese arriscado e excitante camiño que implica enfrontarse ás propiedades máxicas que posúen as obras de arte. Descobrir os atributos que lles outorgan a capacidade de establecer unha relación entre o real e os anceios; entrar nas Superficies subterráneas. Elementos formais, iconográficos e iconolóxicos, encaixan con precisión quirúrxica no discurso artístico de Víctor López-Rúa (A Coruña, 1971), grazas a un enunciado plenamente coherente. Nel, o simbolismo, as referencias a grandes mestres da pintura e da literatura e unha técnica impecable flúen dun xeito natural xerando un resultado único, no que a realidade preséntasenos composta por múltiples capas de significado."

Fonte: Nuria Blanco / Galería Moret Art