Atalaia

Cartel de Viñetas desde o Atlántico 2011, realizado por Camille Jourdy.
> Viñetas desde o Atlántico 2011. Festival da Banda Deseñada
Datas: 08/08/2011 - 14/08/2011

Dirección

Miguelanxo Prado

Descrición

Décimo-cuarta edición do Festival da Banda Deseñada Viñetas desde o Atlántico, organizado polo Concello da Coruña baixo a dirección de Miguelanxo Prado.

Exposicións 2011:

Kiosco Alfonso: Kim e Antonio Altarriba / Juanjo Guarnido, Juan Dïaz Canales e Teresa Valero / Pere Joan / Jordi Lafebre / David Rubín

Pazo Municipal: Guido Crepax. Retrospectiva de Valentina

Palexco: ¡Viaje con nosotros! / Superheroes na Coruña / ¡A Pitufar!

Casa da Cultura Salvador de Madariaga: Brais Rodríguez (VI Premio Castelao) e Iván Suáres e Inacio Vilariño (VII Premio Castelao)

Aquarium Finisterrae: Piratas

Como xa é tradicional en Viñetas desde o Atlántico, no Kiosco Alfonso desenvólvese unha programación durante sete días -nesta ocasión entre o luns 8 e o domingo 14-, con charlas, conferencias e sinaturas, coa participación de autores, guionistas ou comisarios das mostras. Do mesmo xeito, no Paseo de Coches instálase a feira do cómic con casetas de editoriais, distribuidoras e librarías especializadas nas que se levan a cabo presentacións, obradoiros e outras actividades.

Fonte: Viñetas desde o Atlántico. Festival da Banda Deseñada