Atalaia

Cartel de Viñetas desde o Atlántico 2012, realizado por Kim.
> Viñetas desde o Atlántico 2012. Festival da Banda Deseñada
Datas: 06/08/2012 - 12/08/2012

Comisariado

Miguelanxo Prado

Descrición

Décimoquinta edición do Festival da Banda Deseñada Viñetas desde o Atlántico, organizado polo Concello da Coruña baixo a dirección de Miguelanxo Prado. 

Exposicións 2012:

Kiosco Alfonso: José Domingo // R. M. Guéra // Homs // Rubén Pellejero // Bartolomé Seguí.

Pazo Municipal: Dragon Ball.

Palexco: Batman // Frank Quitely.

Casa da Cultura Salvador de Madariaga: Panorama da BD Galega.

Aquarium Finisterrae: Islas.

Exposicións paralelas e outras actividades noutros espazos coruñeses:

Manel Cráneo. Estampas del Planeta Mincha. Galería 9THE13. Do 3 ao 31 de agosto de 2012.

Mireia Pérez. La muchacha salvaje (Premio Internacional Fnac-Sins Entido de Novela Gráfica 2011). FNAC Coruña. Do 27 de xullo ao 6 de setembro de 2012.

Personaxes de olimpiada: Pinto & Chinto. Tito Longueirón. ÁGORA / Santy Gutiérrez. Yeti. Fórum Metropolitano.

Henrique Torreiro. Dirección de laboratorio creativo no ÁGORA:

Comic Reloaded: Héctor Francesch, Pablo Gallo, Rebeca Losada, Miguel Piñeiro. Galería Moret Art. Do 6 de agosto ao 16 de setembro de 2012.

Concurso de Viñetas da Deputación da Coruña: Igualdade e Conciliación. Fórum Metropolitano.

Varios autores. Homenaxe aos nosos heroes. El café de Macondo (rúa San Andres, 106).

A cinemateca do Viñetas. FNAC Coruña. Proxéctanse nesta ocasión catro películas relacionadas co mundo do cómic: Chico y Rita, De Profundis, Arrugas e Las aventuras de Tintin.

Como xa é tradicional en Viñetas desde o Atlántico, no Kiosco Alfonso desenvólvese tamén unha programación durante sete días -nesta ocasión entre o luns 6 e o domingo 12-, con charlas, conferencias e sinaturas, coa participación de autores, guionistas ou comisarios das mostras. Do mesmo xeito, no Paseo de Coches instálase a feira do cómic con casetas de editoriais, distribuidoras e librarías especializadas nas que se levan a cabo presentacións, obradoiros e outras actividades.

Fonte: Viñetas desde o Atlántico. Festival da Banda Deseñada