Atalaia

Walter Benjamin
> Walter Benjamin. Constelacións
Datas: 18/11/2010 - 20/02/2011

Descrición

A recepción da obra do filósofo Walter Benjamin (1892-1940) foi relativamente tardía, ata os anos sesenta do século vinte non comezou a despertar un interese masivo. Na actualidade, Benjamin converteuse no intérprete privilexiado das transformacións máis características do noso tempo. Esta mostra propón unha intervención contemporánea no seu pensamento a través de tres elementos.

En primeiro lugar, Constelacións é un intento de pensar, a través de imaxes, algúns conceptos centrais da obra de Walter Benjamin. Trátase dun conxutno de citas audiovisuais -escenas de películas, fotografías, pinturas, gravacións sonoras, animacións, documentos históricos...- artelladas segundo unha metodoloxía que desenvolveu o propio Benjamin. O resultado é unha peza audiovisual, dividida en seis capítulos, cada un deles dedicado a un concepto central da obra de Benjamin.

En segundo lugar, o Atlas Benjamin é unha ferramenta informática que permite navegar por unha ampla escolla de textos benxaminianos unidos por ligazóns e de temática e procedencia diversa. De novo, é unha estratexia de Benjamin mediante o complexo sistema de referencia, arquivado e indexado que empregaba nos seus escritos.

Por último, os Modelos de Audición recuperan os guións que Benjamin elaborou, entre 1929 e 1933, para a Radio do Sudoeste de Alemaña en Fráncfort, con novas locucións en castelán.

Walter Benjamin. Constelacións está organizada polo Círculo de Bellas Artes, a Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales (SECC), e a Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID), e conta coa colaboración do Walter Benjamin Archive, da Fundación Luis Seoane e da Fundación Repsol.

Fonte: Fundación Luís Seoane