Welcome to my Loft. Arquitectura como utopía, ruina y abstracción, é unha mostra onde se conta coa presencia de obras de importantes artistas internacionais, ademais dun proxecto específico, para Ferrol e sobre Ferrol, da artista alicantina Rosell Meseguer.
A partir de artistas que traballan o arquitectónico dende as máis variadas disciplinas, Welcome to my loft reflexiona sobre a capacidade do arquitectónico para manifestarse como elemento a través do cal definir a nosa forma de enfrontarnos ao problema do cuarto e cales son os nosos modos de relación cos elementos por nós construídos. Preténdese así reflexionar sobre a cidade e a arquitectura entendendo a súa condición de utopía, de ruína e de abstracción.
Fonte: Centro Torrente Ballester