Warning (2): include(avg/images/tacu.jpg) [http://php.net/function.include]: failed to open stream: Non hai tal ficheiro ou directorio [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]
Warning (2): include() [http://php.net/function.include]: Failed opening 'avg/images/tacu.jpg' for inclusion (include_path='/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp:/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/:.:/usr/share/pear:/usr/share/php') [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]

Atalaia

Xoán Anleo. Desorde. 2013
> Xoán Anleo. Desorde
Datas: 20/06/2013 - 20/09/2013

Artistas

Xoán Anleo

Comisariado

Eduardo Valiña

Descrición

O título deste proxecto realizado para o Museo Fundación Eugenio Granell alude a  noción de desenlace, de perda, de desencontros persoais e os cambios posteriores e novas experiencias. Para expresar isto utiliza a alegoría da ruína, dos lugares abandonados, do distanciamento do espazo e dos proxectos inacabados. O artista realiza unha investigación da cidade e os seus vestixios, dos edificios descoidados a súa sorte, en constante transformación. Utiliza os descampados como narración dunha gran panorámica, onde a sutileza dos matices confire o protagonismo á natureza. Para elo elabora unha catalogación de estes lugares, con imaxes acompañadas de textos, de reflexións e ambientadas coa composición de música orixinal para unha videoinstalación, onde conta coa colaboración do artista sonoro Xoán–Xil.

Este proxecto, comisariado por Edu Valiña, contou co apoio dos diferentes colaboradores,  como a comisaria Susana Blas, especialista en videoarte e redactora do programa de RTVE Metrópolis e o comisario e escritor independente Manuel Segade.

Xoán Anleo, Doutor en Belas Artes pola UCLM e profesor da Universidade de Vigo, realizou exposicións individuais en diferentes centros de arte nacionais e internacionais. A súa obra forma parte das coleccións de arte contemporáneo máis importantes do noso país. O proxecto artístico de Xoán Anleo xerou novos linguaxes na plástica que abren novas vías de traballo, anteriormente inexploradas nas prácticas artísticas galegas.

O seu traballo actual aborda os procesos relacionados cas políticas da representación, a produción de subxectividade e os procesos de significación entendidos como modalidades de subxectivación e deconstrución das identidades. Está interesado nas nocións de experiencia de traslado, viaxe e residencia como forma de reflexión sobre a memoria e historia do lugar nun contexto e conxuntura específica. Así como dos límites da temporalidade e as relacións entre espazo/tempo e lugar transformados en métodos de análise e crítica do presente.

Aproximándose ao alegórico, en ocasións a través de imaxes conxeladas, aparentemente paralizadas para xerar mecanismos que formulen intervalos, superposicións, reiteracións ou repeticións. Leva a cabo  o seu traballo mediante film / vídeo, fotografía, instalacións, texto, danza, audio e edición de publicacións tan diversas como múltiples: libros de artista, tarxetas ou carteis.

Fonte: Museo Fundación Eugenio Granell