Atalaia

Xurxo Lobato. Muller de negro, Ribarteme. 2010. Fotografía, 120 x 80 cm
> Xurxo Lobato. Jalisia is my country
Datas: 14/01/2011 - 04/03/2011

Artistas

Xurxo Lobato

Descrición

Jalisia is my country é o título que Xurxo Lobato escolleu para resumir este proxecto desenvolvido integramente durante o ano 2010. Moito máis que un título esta frase é unha atinada pista para preparar o espectador sobre a visión de Galicia que se nos presenta. Unha visión chea de ironía, orgullo e respecto dun país que estivo e está sempre presente na obra deste magnífico narrador de historias.

A través de 14 imaxes nas que deliberadamente excluíu o rostro dos protagonistas, reforzando así moito máis a potencia narrativa do seu discurso, móstranos Galicia tal e como é hoxe. Unha Galicia nas que as protagonistas seguen sendo as avoas, as nais e as netas. Esa Galicia que cando celebra unha festa segue recordando aos que xa non están, ese País dual no que a gheada e o seseo xa falan en inglés. Imaxes que zumegan retranca e amor cara a este Sitio Distinto que o espectador ten hoxe oportunidade de descubrir.

Fonte: Moret Art / Nuria Blanco (xaneiro 2011)