Atalaia

Yolanda Dorda. El baño azul. 2011. Óleo sobre lenzo. 72x54 cm.
> Yolanda Dorda. Escenas costumbristas
Datas: 17/11/2011 - 13/12/2011

Artistas

Yolanda Dorda

Descrición

"Como Egon Schiele, Yolanda Dorda pinta corpos que sinten, característica primaria da representación expresionista. Corpos e rostros que expresan tensión, estados de ánimo, desexos, emocións básicas, de laxitude, de represión, de enfado ou de pracer, con coidadas e elaboradas observacións da linguaxe do corpo.

Cunha axilidade expresiva que, dalgún xeito, propicia e obriga a manter un constante diálogo co espectador, co observador do cadro, moldea con trazos apaixoados e cargados de forza, corpos cheos de vida, que semellan ser a vida mesma, aínda que, ás veces, parecen non distinguir a orde do caos.

A obra de Yolanda Dorda xorde da reflexión, da acción, dunha loita corpo a corpo co lenzo e os corpos e elementos representados. Cadros que son o resultado disa loita esgotadora e extenuante que deriva de se enfrontar á tea, ao personaxe, ao motivo, á cor, á composición e á maneira de representación".

Texto: Jesús Montero (A Coruña, novembro 2011).

Fonte: Galería Monty4