Yolanda Relinque (Pamplona, 1976), é licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Granada, e DEA pola de Alcalá de Henares cunha memoria de Doutoramento centrada na fotografía española contemporánea e a movida madrileña. No seu traballo artístico interésase pola figura, a través da cal pode expresar o íntimo do ser humano e a relación coa sociedade. Na indagación desa expresión, e partindo da súa formación académica, as imaxes e as obras forman parte de relatos que, en mitos como Prometeo ou Pandora, posibilitan o afondar nos temas sociais desde unha perspectiva histórica do mundo. A preocupación pola subsistencia e pola defensa dos espazos, a necesidade de condensar os conceptos de liberdade e alienación, inspiran o seu traballo sobre o tema da loucura desde a perspectiva dunha historia da psiquiatría e de relatos vitais. Esteticamente, a súa creación fundaméntase na liña, no movemento e na contemplación intuitiva das combinacións entre debuxo, gravado, pintura e fotografía, unindo o pensamento crítico á posibilidade do soño.
Fonte: Galería 9THE13