Warning (2): include(adodb/home.inc) [http://php.net/function.include]: failed to open stream: Non hai tal ficheiro ou directorio [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]
Warning (2): include() [http://php.net/function.include]: Failed opening 'adodb/home.inc' for inclusion (include_path='/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp:/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/:.:/usr/share/pear:/usr/share/php') [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]

Atalaia

Anuncio (Diario La Región, Ourense, 2007)
2007. Obra gráfica, Fotografía, Arte pública
Medidas: 50 x 60 cm

Anuncio. Publicado no diario La Región, Ourense, 17 outubro 2007.

Fotografía dixital (sistema Durst-Lambda). 50 x 60 cm.

Todas as pezas tituladas xenéricamente como Anuncio, foron realizadas no marco dunha serie de proxectos de intervención no espazo público nas cidades de Ourense (2007), A Coruña (2009), Barcelona (2009) e Ferrol (2010).

En todos os casos, tratábase de anuncios informais nos que se ofrecen os servizos do autor como "artista conceptual". A maior parte deles son impresións en papel de pequenas dimensións pero, no marco do mesmo traballo, téñense publicado tamén anuncios por palabras en prensa local ou en soportes publicitarios dalgunhas liñas de buses urbanos de Ourense e A Coruña.

E.L.