Un ano de proxectos. 1 de setembro de 2009 - 31 de agosto de 2010.
365 e-mails impresos en follas A4.
Proxecto específico para a exposición colectiva Cousas que só un artista pode facer, exhibida no museo MARCO de Vigo (2009-2010).
Traballo en proceso consistente no envío dun proxecto artístico diario ás direccións de correo electrónico do museo e dos comisarios. Os proxectos enviados non tiñan formalización máis aló da súa expresión por escrito en arquivos dunha extensión máxima dunha páxina A4 (en tipografía Times New Roman de corpo 12). O envío de proxectos continuaba durante o período de exposición.
E.L.