Atalaia

2014. Antes de irse. 40 ideas sobre la pintura
2014. Antes de irse. 40 ideas sobre la pintura
Editorial: Editorial Dardo (Santiago)
Data de publicación: 2013
ISBN: 978-84-92772-47-6

 Formato: 24x17 cm. 276 páxinas. Cor. Capa dura.

Idiomas: español e inglés (Tradución: David Prescott / Art in traslation).

Prezo: 25 euros.

Esta publicación pretende achegarse a unha xeración de artistas españois ou afincados no noso país, capaces de redefinir o que hoxe entendemos por pintura contemporánea, unha pintura que asumiu con naturalidade que xa non é unha técnica e si unha tradición, unha idea con capacidade de reformulación constante de si mesma.

Como complemento da mostra, celebrada no Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (MAC) de A Coruña, este catálogo reúne as propostas pictóricas de 40 artistas que traballan arredor da pintura exprimindo, investigando e expandindo a súa linguaxe.

Fonte: MAC

 

Autoría
David Barro