Atalaia

Antón Reixa. Leccións de cousas, 2011
Antón Reixa. Leccións de cousas
Editorial: La Oficina de Arte y Ediciones (Madrid)
Data de publicación: 2011
ISBN: 978-84-938886-2-8

Con motivo da exposición de Antón Reixa, Leccións de cousas (celebrada no CGAC, entre xuño e outubro de 2011), a editorial madrileña La Oficina de Arte y Ediciones publica este pack de catálogo, recopilación de poemas e outros textos, e un dvd que ofrece algúns fragmentos audiovisuais dos contidos das oito videoinstalacións expostas.

Un total de 59 páxinas de catálogo -con limiares, fichas técnicas e dobres páxinas das videoinstalacións-, máis 405 páxinas de textos de Antón Reixa -en galego, castelán e unha breve escolla en inglés-, entre os que se encontran os relativos ás oito videoinstalacións da mostra. Prezo: 35,00 euros.

Fonte: Atalaia

Artistas participantes
Antón Reixa