Atalaia

Compañeiros de oficio
Editorial: Fundación Barrié de la Maza (sede A Coruña)
Data de publicación: 2012
Páxina web

O arquitecto Pedro de Llano iniciou, hai máis de corenta anos, un longo proceso de investigación sobre a arquitectura anónima do que xa teñen saído aportacións como o seu libro Arquitectura popular en Galicia. Razón e construcción. De Llano viaxou por distintos lugares (Europa, Norteamérica, Asia, Latinoamérica) analizado as súas tradicións constructivas na procura de posibles referentes de racionalidade para unha posible arquitectura contemporánea. Compañeiros de oficio constitue, simplemente, a fase final dese proceso: estudar, a través da obra dos máis salientables arquitectos do último século directamente interesados na arquitectura sen arquitectos, as potenciais suxerencias conceptuais que as construccións vernáculas poden aportarnos no momento de plantearnos a definición dunha arquitectura lóxica, sinxela e adaptada ás necesidades dos seus usuarios.

 

Estructura do libro

_A arquitectura anónima como referente para os deseñadores contemporáneos

_Frank Lloyd Wright, Adolf Loos, Mies van der Rohe. A procura da verdade na arquitectura dos artesáns

_Le Corbusier. Os valores eternos da arquitectura

_Do GATEPAC a Alejandro de la Sota. Racionalidade e compromiso

_Alvar Aalto. A arquitectura vernácula como expresión das formas básicas dunha sociedade

_Team X. A influencia da arquitectura sen arquitectos na terceira xeración

_Do situacionismo ao pattern language.

_A presenza da arquitectura vernácula no corpus teórico dunha nova vangarda: Louis Kahn, Álvaro Siza, Tadao Ando, Peter Zumthor, Eduardo Souto de Moura, David Chipperfield, Glenn Murcutt, SANAA…

_Racionalidade, sostenibilidade e economía de medios nun tempo de crise

 

 

Fonte: Fundación Barrié