O humor e a ironía que desprendíanse do proxecto orixinal, que cuestionaba os sistemas de clasificación empregados polos museos en contraposición aos utilizados nos arquivos de carácter privado, ao expoñer en paralelo obras de Luis Seoane pertencentes á colección institucional e obxectos da avoa do artista, Teresa de Villar, trasladánse agora a este catálogo-álbum, que inclúe unha serie de adhesivos que reproducen os cadros e debuxos de Luis Seoane escollidos, permitindo que os usuarios do álbum ensaien a montaxe da exposición que desexen, pegándoos nas páxinas que representan as salas baleiras da Fundación Luis Seoane.
Idiomas: Galego, español, inglés
Formato: 36 páxinas, cor
Prezo: 9€
Fonte: Fundación Luis Seoane